RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Dépor regresa a Alemaña, esta vez co Alevín B na Rheinsüd PfingstCup 2018

Despois do brillante papel do Benxamín A a pasada fin de semana en dous torneos en Wendelstein, no que nun deles foi cuarto clasificado nun cartel con equipos como Bayern de Múnic, Galatasaray..., o Dépor regresa a Alemaña, neste caso a Colonia, este sábado 19, representado polo Alevín B.

O conxunto deportivista que dirixe Alberto Suárez participa na Rheinsüd PfingstCup 2018, con este calendario de partidos:

Sábado 19 de maio
Primeira Fase
9:00: ALEVÍN B - AS ERSTEIN BLEU
9:32: ALEVÍN B - FC RHEINSÜD KÖLN
10:04: ALEVÍN B - TSV DAGERSHEIM

Os dous primeiros clasificados acceden a unha Fase Final, que, desde oitavos de final, arranca a continuación.