RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Dépor supera ao Atlético na quenda de penaltis e conquista o Trofeo Teresa Herrera

foto:DEPOR Sport A 67 edición do Trofeo Teresa Herrera se quedó na Coruña. O Deportivo superó á Atlético de Madrid na quenda de penaltis (4-3) tras chegarse ao tempo regulamentario con igualada (2-2). Debutó M

Comezou mellor o Dépor, que se adiantou moi pronto no marcador grazas a un tanto de Valerón. O Atlético apertou o acelerador, empatou grazas a un gol de Falcao e dispuxo dun par de boas oportunidades na primeira metade, como un trallazo de Falcao ao traveseiro.

O segundo tempo arrincou como o primeiro. O Deportivo saíu en plan mandón e adiantouse de novo no marcador, esta vez grazas a un tanto de Bruno Gama. De novo o Atlético, cun Cholo Simeone esixente desde o banco, foise con todo cara arriba e logrou o empate definitivo a dous minutos para o final.

Nos penaltis estivo máis acertado o Deportivo. La Torre é deportivista por decimoséptima vez.

Deportivo da Coruña: Aranzubia; Manuel Pablo, Marchena (Roderick; min. 46), Aythami, Evaldo (Seoane; min. 46); Abel Aguilar, Juan Domínguez (Álex Bergantiños; m. 84); Bruno Gama, Valerón (André Santos; m. 77), Pizzi; e Riki (Nélson Oliveira; m. 62).

Atlético de Madrid: Courtois; Juanfran, Miranda, Godín, Filipe Luís; Adrián López, Gabi (Raúl García; m. 68), Mario Suárez (Tiago; m. 56), Koke ('Cebola' Rodríguez; m. 59), Arda Turan; e Falcao.

Goles: 1-0; min.8, Valerón. 1-1; min.11, Koke. 2-1; min.56, Bruno Gama. 2-2; min.87, Falcao.

Penaltis: 1-0, Pizzi. 1-1, Falcao. 1-1, falla Nélson Oliveira (para Courtois). 1-2, 'Cebola' Rodríguez. 2-2, André Santos. 2-3, Raúl García. 3-3, Bruno Gama. 3-3, falla Adrián López (ao traveseiro). 4-3, Abel Aguilar. 4-3, Godín, falla.
Árbitro: Pérez Lasa, do colexio vasco. Mostrou amarela a Marchena, Pizzi, Roderick e Aythami, por parte do Deportivo.