RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor viaxa a Barcelona con 18 futbolistas

O Deportivo afronta o encontro ligueiro de mañá venres 6 de xaneiro en Barcelona ante o Espanyol (20:45, Bein Sports) con 18 futbolistas, entre eles o canteirán Óscar.

Na sesión de hoxe, cos fabrilistas Óscar, Nacho Monsalve e Borja Domingo, o corpo técnico incidiu na posesión e ensaio de movementos ofensivos con finalizacións.

Laure recibiu a alta médica ao terminar o traballo e só Carles Gil exercitouse á marxe do grupo, que conta coa ausencia de Fayçal, concentrado con Marrocos na Copa de África.

Tras o partido en Cornellá El Prat, os xogadores volverán adestrar en Abegondo o sábado ás 11.30 horas.

Os convocados emprenden viaxe a Barcelona mañá venres, día do partido, con esta folla de ruta:

Venres 6 de xaneiro
10:00: Saída do Estadio de Riazor
11:00: Saída do voo chárter do Aeroporto da Coruña
12:15: Chegada a Barcelona e aloxamento no hotel Hesperia Tower
20:45: Espanyol - Deportivo, no RCDE Stadium

Sábado 7 de xaneiro
00:30: Saída do voo chárter de Barcelona con destino Santiago
01:45: Chegada aproximada a Santiago
11:30: Adestramento en Abegondo