O Dépor visitará Lezama a próxima fin de semana, o Dépor ABANCA deberá esperar ao día 16 para recibir ao Pradejón
Esta próxima fin de semana a liga Reto Iberdrola para polos compromisos internacionais, mentres que en Primeira RFEF o Dépor disputará a 31ª xornada, a domicilio, fronte ao Athletic B.
Lezama, a cidade deportiva onde xogou o Dépor ABANCA a pasada fin de semana, recibirá esta a o Dépor para o encontro ante o Athletic B do domingo ás 12:00 h. retransmitido por Footters e www.fuchs-sports.com.
As Nosas deberán esperar case unha semana máis. O partido no que reciben ao Pradejón en Abegondo disputarase o sábado 16 ás 12:00 h., xusto 24 antes do Dépor-Dux da 32ª xornada de Primeira RFEF en ABANCA-RIAZOR.