RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O DéporCampus Cabreiroá 2018 de Ourense arrancará o vindeiro 25 de xuño

O DéporCampus Cabreiroá de Ourense, unha das novas sedes para este 2018, foi presentado grazas á colaboración entre o RC Deportivo, o Ourense CF e o concello da cidade das Burgas.

Ourense súmase á nómina dos DéporCampus Cabreiroá para o próximo verán e fíxoo ao grande, cunha presentación na que participaron Lucas Pérez e Eneko Bóveda. Os futbolistas do Dépor visitaron a capital ourensá para apadriñar esta nova actividade. O dianteiro e o defensa do equipo branquiazul participaron no devandito acto xunto a Camilo Díaz, presidente do Ourense CF; Montse Varela, directora de comunicación do Ourense CF; Rubén Domínguez, coordinador do DéporCampus; e Pablo Xinzo, xogador do Ourense CF. Centenares de nenos e nenas compartiron uns minutos cos xogadores no Colexio Maristas e no campo municipal de Oira.

Ourense estrearase nos DéporCampus cunha quenda, do 25 ao 29 de xuño. O Campo de Fútbol de Ourense será a sede deste DéporCampus Cabreiroá, cuxas inscricións están abertas a nenas e nenos de entre 6 e 14 anos e poderán realizarse até o mediodía do xoves 21 de xuño.

Os DéporCampus Cabreiroá creceron de forma exponencial desde a chegada do actual consello de administración do RC Deportivo. Dun campus cunha única sede e menos dun centenar de nenos e nenas en 2013 pasáronse ás actuais 14 localizacións. Este verán estréanse 5 sedes: Ourense, Cuntis, Dumbría, Boiro e Camargo (Cantabria), que se suman ás xa existentes en Abegondo, Viveiro, Bertamiráns, Caranza, Monforte, As Pontes, Ordes, Zas e Xenebra (Suíza).

Podes atopar toda a información dos DéporCampus Cabreiroá en deporcampus.rcdeportivo.es/gl