RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

O DéporCampus Cabreiroá 2018 de Viveiro terá lugar do 2 ao 6 de xullo

Viveiro repite experiencia como unha das sedes dos DéporCampus Cabreiroá, grazas á colaboración entre o RC Deportivo, o Viveiro CF e o concello da vila da costa de Lugo.

A localidade da Mariña lucense é un dos clásicos dos DéporCampus Cabreiroá, pois será o cuarto ano que acolla o evento.

Á presentación do DéporCampus Cabreiroá 2018 de Viveiro acudiron a Alcaldesa María Loureiro, o concelleiro de Deportes Emilio Villarmea e o presidente do Viveiro CF, Paco Rojo. Tamén participaron no acto, en representación do Club, Albert Gil e Javi Álvarez.

Viveiro será unha das sedes deste DéporCampus Cabreiroá 2018 cunha quenda, do 2 ao 6 de xullo. O Campo de Fútbol Municipal do Cembedo será a sede deste DéporCampus Cabreiroá 2018, cuxas inscricións están abertas a nenas e nenos de entre 6 e 14 anos e poderán realizarse até o mediodía do xoves 28 de xuño.

Os DéporCampus Cabreiroá creceron de forma exponencial desde a chegada do actual consello de administración do RC Deportivo. Dun campus cunha única sede e menos dun centenar de nenos e nenas en 2013 pasáronse ás actuais 14 localizacións. Este verán estréanse 5 sedes: Ourense, Cuntis, Dumbría, Boiro e Camargo (Cantabria), que se suman ás xa existentes en Abegondo, Viveiro, Bertamiráns, Caranza, Monforte, As Pontes, Ordes, Zas e Xenebra (Suíza).

Podes atopar toda a información dos DéporCampus Cabreiroá en deporcampus.rcdeportivo.es/gl