RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O deportivista César, convocado coa selección sub 21 para o amigable ante Italia

Marca Dixital publica:O seleccionador nacional, José Antonio Camacho, ofreceu na sede da Federación Catalá de Fútbol a convocatoria da selección Sub 21 para o amigable do próximo martes día 28 fronte a Italia no estadio Municipal de Terrassa.

Na lista de dezaoito xogadores non hai demasiadas novidades, aínda que destaca a presenza do defensa do Deportivo da Coruña, César, ao que Camacho non descartou completamente para a Eurocopa aínda que comentou que "temos que ver como está xa que desde a operación de pube non xogou asiduamente". Respecto ao dianteiro espanyolista Raúl Tamudo, Camacho deixou claro que "ten que xogar na Sub 21 e xogar o Campionato de Europa.

Agora mesmo temos por diante xogadores internacionais de equipos grandes que demostraron que teñen que xogar coa absoluta. Tamudo está a demostrar que tamén pode vir nun futuro".

A convocatoria completa é a seguinte:

Athletic: Aranzubia e Lacruz.

Osasuna: Orbaiz.

Atlético de Madrid: Capdevila.

FC Barcelona: Gabri, Puyol e Xavi.

AC Milan: José Mari.

Celta: Sergio.

Deportivo: César.

RCD Espanyol: Tamudo e Toni Velamazán.

Real Madrid: Iker Casillas.

Racing: Ismael.

Sevilla: Marchena.

Valencia: Angulo, Farinós e Gerard.