RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
CADETES

O Deportivo A Cadete goleou ao Calasancio de Monforte

Por oito tantos a cero goleou esta mañá en 'O Mundo do Fútbol' o Deportivo A que milita na División de Honra cadete ao Calasancio de Monforte. O equipo que dirixe José Luís Devesa aínda non encaixou nin un só gol no seu sete primeiros partidos de Liga, en

As outras dúas goleadas da xornada para os equipos inferiores do Deportivo correron a cargo do Dépor alevín, que saldou cun 6-0 o seu choque ante o Orillamar; e do Dépor B infantil, que tamén gañou por 1-6 á Deportivo Cidade. Na liga Galega infantil, o Deportivo gañou en Santiago ante o Fátima por 2-5.
Os dous empates da xornada foron para o Deportivo B xuvenil, que igualou a un tanto ante o Vilalbés no Estadio Roca da vila lucense, e o Deportivo B cadete, que empatou sen goles nas Pontes ante o cadro local.