RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O Deportivo ABANCA exhibe o seu potencial ante un rival da Liga Iberdrola

- Foto: @2aDivisBAstorga -

O Deportivo ABANCA estreouse hoxe sábado 4 de agosto en pretemporada. Foi no campo de La Eragudina de Astorga ante un equipo, o EDF Logroño, recentemente ascendido á Liga Iberdrola.

Manu Sánchez, técnico deportivista, non puido contar coas campioas de Europa sub-19 Teresa e Malena, cuns días de descanso; e con Nuria Rábano, xa en Francia para disputar con España o Mundial sub-20. Tamén foron baixa futbolistas como Kika, en proceso de recuperación; Michelle Romero ou Miriam, con permiso...

O partido sen dúbida estivo condicionado pola forte calor reinante estes días na Península Ibérica.

Aínda así, o triunfo foi para o Dépor ABANCA (2-0), que exhibiu o seu nivel malia as baixas e á entidade dun rival da máxima categoría do fútbol feminino español. Lía e Alba Merino foron as autoras dos goles branquiazuis.

Deportivo ABANCA: Anita, Laura, Silvia Mérida, Érika, Cris, Iris, Alba Merino, Lía, Peke, Carlota e Gaby. Tamén xogaron: Miralles, Patri Díaz, Patri López, Antía e María Calvo.

Mañá domingo 5 de agosto, o Dépor ABANCA inicia a súa participación na terceira edición da Copa Deputación, da que é o campión. Será no Anexo das Eiroas de Carballo ante o Bergantiños (19:00 horas). A eliminatoria, pertencente a oitavos de final, será a partido único e entrada gratuíta para os afeccionados.

Partidos confirmados da pretemporada do Deportivo ABANCA:

Sábado 4 de agosto, campo da Eragudina (Astorga): Deportivo ABANCA 2 (Lea e Alba Merino) - EDF Logroño 0
Domingo 5 de agosto (Copa Deputación, oitavos de final), Anexo das Eiroas (Carballo), 19:00: Bergantiños - Deportivo ABANCA
Sábado 18 de agosto, Ponte dos Brozos (Arteixo), 16:00 h.: Deportivo ABANCA - Sporting Braga
Sábado 25 de agosto, campo de Santa Cruz (Xixón), 17:00 h.: Deportivo ABANCA - Athletic Club
Sábado 1 de setembro, Estadio da Luz (Lisboa), h.s.c.: Benfica - Deportivo ABANCA