RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Deportivo B continúa a súa escalada en terceira división

O Deportivo B continúa a súa escalada na Terceira División. Hoxe, o cadro de Perico Ramallo, a pesar de non poder contar con Pita, convocado a última hora por Javier Irureta, desfíxose con relativa comodidade do Viveiro por tres tantos a cero. Jonathan

Nos outros dous partidos de categorías inferiores, ambos de categoría cadete, disputados hoxe tamén houbo pleno de vitorias. Na División de Honra, o Dépor impúxose (4-1) ao Racing de Ferrol con dous tantos de Dani Bea, e un de Emilly e Samu. E na liga Galega, o Dépor B impúxose ao Brexo Lema (0-3).

Mañá dispútanse o resto de partidos, con este calendario:

Categoría xuvenil
Pontevedra - Deportivo (División de Honra), ás 12.00 no campo pontevedrés da Xunqueira
Deportivo B - Ourense (Liga Nacional), ás 12.00 no campo de herba sintética de 'O Mundo do Fútbol'

Categoría infantil
Imperator - Deportivo, ás 16.30 horas en Meicende