RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Deportivo B pasa á segunda rolda ao imporse á Lealdade

O Deportivo B, arroupado por un gran número de afeccionados que se achegaron ata Abegondo, pasou á segunda e definitiva rolda da Fase de Ascenso a Segunda División B ao imporse de novo á Lealdade de Villaviciosa, conxunto ao que xa vencera na ida na lo

O primeiro tempo foi de dominio alterno. Adiantouse Ramón cun golazo de vaselina ao once minutos. Xisco puido marcar o segundo nun man a man co porteiro na recta final desta primeira metade; aínda que tamén puido empatar Hernán no desconto se o seu trallazo desde fóra da área non fose rexeitado polo traveseiro da portaría de Mackay.

O segundo tempo repetiuse a tónica do primeiro. Borja, cun trallazo ao pau, Ramón, con outro bo disparo, e Senel, nun un contra un coa meta Jesús, puideron aumentar a renda deportivista. Agora, agarda o vencedor da eliminatoria entre o Mirandés e o Cobeño. Na ida venceron este último equipo por 3-1. Mañá será o partido de volta en Miranda de Ebro.

O Presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, asistiu ao encontro, do mesmo xeito que unha nutrida representación do Consello de Administración deportivista. Tamén se achegou ata ?O Mundo do Fútbol? a meta deportivista Dani.

Aliñacións
Deportivo:
Mackay, Borja, Dani, Adrián López, Antonio, Chapi (m. 48, Álex), Iván Carril (m. 74, Senel), Pita, Xisco (m. 86, Xavi Seco), Ramón e Iago.
Lealdade: Jesús, José Antonio, Damián, Pascual, Víctor, Israel (m. 86, Pablo), Andrés (m. 86, Jonás), Hernán, Saúl, Armando e Tomás (m. 63, Chechu).
Árbitro: Fernández López, do Colexio Castelán ? Leonés. Amoestou a José Antonio, Damián e Víctor, todos eles da Lealdade.