RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Deportivo di adeus á Copa en Xaén

Foto:SomosDepor Non tivo fortuna o Dépor en esta Copa do Rei. Dúas roldas a partido único, ambas as ante rivais de Segunda, lonxe de Riazor (en Andalucía) e con longos desprazamentos. Hoxe dixo adiós á competición co

O equipo saíu con defensa de cinco (con Kaká, Insua e Uxío de centrais), e con Marchena de pivote.

Non así o Real Xaén, que presentou un equipo moi similar á liga, e que apertou o acelerador desde o inicio ante a súa afección.

A ocasión máis clara dos minutos iniciais tívoa Jona no minuto 25, cun remate de cabeza de socato que salva Fabricio coa cara. Eran os mellores momentos do equipo andaluz, que encerrou ao Deportivo na súa área durante algúns minutos.

No outro campo, Luís rematou forzado na área ante a meta andaluz un bo pase interior. Saco feriu o porteiro local co corpo.

Pouco despois, no 35, Luís recolle un balón fose da área e xuta forte lixeiramente alto. Aos poucos o equipo branquiazul foi sacudíndose o intenso dominio local.

Ao descanso chegouse sen goles e sen máis sustos para Fabricio.

A segunda parte arrincou exactamente igual á primeira, aínda que o Deportivo tratou de ter máis o control do balón.

O Real Xaén baixou a intensidade e perdeu perigo arriba. O Dépor, ben colocado en defensa, apenas concedeu espazos atrás.

Uxío salva unha gran oportunidade local ao desviar a saque de esquina un balón que se paseou pola área pequena deportivista. Jona estaba preparado para o remate.

Pouco despois, Servando aproveita un barullo na área deportivista para disparar de socato. Menos mal que un defensor deportivista obstaculiza o suficiente para que o balón salga fóra, rozando o pau esquerdo da meta de Fabricio.

A mellor oportunidade branquiazul chegou cun disparo de Bicho desde a frontal que despexou con moitos apuros o porteiro xienense.

Servando logra adiantar ao Xaén no minuto 71 ao rematar de cabeza un saque de esquina. Antes, un disparo de Jona despéxao ben colocado baixo paus Fabricio.

Co gol, Fernando Vázquez reordena o equipo. Dani Igrexas releva a Uxío e Antonio Núñez, que debutaba coa camiseta branquiazul, salta ao campo por Teles.

O equipo paso a defensa de catro para tentar buscar o empate. Pero Espinosa, que recolleu na frontal da área un rexeite dun saque de esquina, sentenciou a eliminatoria cun duro disparo a un cuarto de hora do final.

O partido finalizou cunha boa arrancada de Núñez, pero o seu disparo raso márchase lixeiramente desviado ao pau curto.

Adeus do Deportivo á Copa do Rei e felicidade na afección local.

Real Xaén: René; Kitoko, Hugo Álvarez, Servando, Nando; Óscar Quesada (Juanma, m. 46), Fran Machado (Mario Martos, m. 61), Víctor Curto, Jozabed, Israel Xerez (Alberto Cobo, m. 80); e Jona.

Deportivo: Fabricio; Kaká, Insúa, Luisinho, Seone; Juan Carlos, Marchena (Cañi, m. 80), Uxio (Núñez, m. 75), Biche, Teles (Igrexas, m. 75); e Luís.

Goles: 1-0, M.70: Servando. 2-0, M.77: Juanma.

Árbitro: Trujillo Suárez (Comité Tinerfeño). Mostrou cartón amarelo a Seoane.