RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Deportivo, mellor equipo da segunda volta, tumba ao Barcelona e segue soñando coa UEFA

O Deportivo venció esta noite con claridade (2-0) ao Barcelona, sumó a súa quinta vitoria consecutiva, en total 32 puntos na segunda volta, co que alcanza os 49. Con esta puntuación consolídase na praza da Copa Intertoto e aperta aos

Miguel Anxo Lotina recuperou finalmente a Manuel Pablo e a Wilhelmsson e Manuel Pablo e seguiu fiel ao seu esquema da segunda volta, con cinco defensas e dous medioscentros. Juan Rodríguez ocupou a posición de Sergio, sancionado por acumulación de amoestacións.

Deportivo e Barcelona comezaron o encontro a ritmo lento. Os branquiazuis deixaron a posesión ao rival aínda que sen dúbida as mellores oportunidades caeron ao lado deportivista. Lafita puido marcar no tramo inicial do partido, pero o seu chute raso tras unha boa combinación con Wilhelmsson foise lamiendo o pau grazas tamén á intervención de Pinto, substituto de Víctor Valdés, que ocupou praza no banco.

A mellor oportunidade foi unha xogada longa do Deportivo con varios remates a portaría tras un balón que non atalla Pinto en primeira instancia. Coloccini empalmó desde unha lateral da área e Xisco, a porta baleira, envía o balón ao traveseiro. O posterior remate do Dépor sae desviado.

Do Barça só destacar un remate na frontal de Bojan que sacou Aouate nunha espectacular palomita.
Tras o descanso o Barcelona desinflouse e cedeu a pelota e o xogo ao Deportivo, que creou as mellores oportunidades e dous goles. O primeiro foi de Juan Rodríguez, que se empeña co seu traballo en seguir sendo titular no Deportivo. O andaluz rematou a pracer na área pequena unha boa xogada pola banda dereita, con Manuel Pablo e Wilhelmsson de novo traendo de cabeza á defensa azulgrana.

A sentenza foi de Pablo Amo, de novo de cabeza e a saque dunha falta. O central logrou o seu terceiro gol na liga e únese ao catro que leva no campionato Coloccini, ao que marcou Filipe e ao de Lopo. En total, nove dianas na defensa máis goleadora do campionato.

O Barça diluíuse e apenas inquietou a Aouate. O Deportivo viviu un final tranquilo de partido. De novo festa en Riazor, coa onda nas bancadas. O equipo sitúase en posicións de pelexar por entrar en UEFA directamente.