RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Deportivo partirá o martes pola mañá rumbo a Dublín

O Deportivo viaxará o vindeiro martes a Dublín en voo chárter que partirá de Alvedro ás 11.00 horas. A chegada á capital da República de Irlanda está prevista ás 12.30 (hora local, unha hora máis en España). En Dublín, o hotel de concentra

O adestramento será o mesmo martes, ao sete da tarde (hora local, unha hora máis en España) no escenario do partido. Un cuarto de hora antes, Javier Irureta ten previsto atender aos medios de comunicación, no mesmo estadio.

O regreso á Coruña será o mesmo mércores, tras o partido ante o Shelbourne, en voo chárter que aterrará en Santiago ás 2.30 horas do xoves.