O Deportivo perdeu polo resultado de 1 gol a 2 fronte ao Athletic de Bilbao na terceira xornada do Campionato Nacional de Liga 2001/2002. O Athletic adiantábase con goles de Guerreiro e Urzaiz e Tristán marcaba o tanto deportivista.
O Deportivo partiu de inicio con: Molina; Manuel Pablo, César (Fran, min.61), Djorovic, Capdevila; Víctor, Valerón (Scaloni, min.83), Mauro Silva, Amavisca (Sergio, min.45); Makaay e Diego Tristán. Polo Athletic fixérono: Aranzubía; Larraínzar, Lacruz, Carlos García, Larrazábal; Urrutia (Orbaiz, min.66), Óskar Vales; Etxeberría (Ezquerro, min.81), Guerreiro, Javi González; e Urzaiz (Tiko, min.75).
O primeiro tempo do partido fué moi pouco vistoso, e o Deportivo non soubo atopar o seu xogo e non creou ocasións de gol. Con todo o equipo de Heynckes mostrouse moi asentado, aínda que tampouco dispuxo de ocasións claras. O primeiro gol chegou no minuto 35, Guerreiro xutaba, o balón golpeaba no poste e introducíase na área sen que Molina puidese facer nada.
Na segunda parte a entrada de Sergio no campo substituíndo a Amavisca devolveu ao Deportivo o mando do partido. Co Deportivo envorcado ao ataque o Athletic aproveitou a velocidade de Javi González á contra, quen puxo un balón que Urzaiz transformou no segundo gol do encontro.
Co marcador tan desfavorable o Deportivo puxo tudo o seu xogo e empeño na remontada. Capdevila mandou un balón ao poste, Aranzubia fixo unha gran parada a xogada de Valerón. No minuto 61, Tristán de forte disparo desde fóra da área facía o un a dous.
O Deportivo tivo ocasións claras de empatar o encontro pero non puido ser e o Athletic terminou por levar a vitoria de Riazor, cousa que non conseguía desde a tempada 64-65