RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Deportivo realizou unha xira por Uruguai, Arxentina e Brasil

Hai agora 21 anos -dicía a voz hai 25 anos- que o Deportivo realizou unha xira a Uruguai, Arxentina e Brasil. Foi en xuño de 1954 e presidía o club don Antonio Martínez Rumbo, que foi á fronte da expedición.

O luns 14 de xuño púñase en marcha o autocar na avenida da Mariña, sede social do Deportivo, cos compoñentes da expedición. Primeiramente a Coimbra a pasar a noite e logo a Lisboa a coller o avión para cruzar o océano... chegada a Montevideo e o primeiro partido o domingo día 20 contra o Nacional tivo que ser aprazado polas fortes choivas durante 14 días... Triunfo do Nacional 2-1. O segundo partido, o 11 de xullo, co Peñarol, con empate a dous goles. Despois 1-1 contra o Rampla de Montevideo, vitoria deportivista 2-1 co River Plate e en Arxentina Deportivo 2- San Lorenzo 2. Despois visita a Brasil con derrota 4-1 ante o Flamengo e regreso á Coruña....