O Deportivo impúxose en Riazor por 2 goles a 1 á Real Sociedade e xa está segundo na táboa, con 54 puntos. A Real Sociedade adiantouse no marcador aos 15 minutos cun tanto de Nihat, pero Capdevila, no 43, e Fran, no 80, deron a volta ao marcador nun inten
Vibrante partido en Riazor, con 20 disparos a porta do Deportivo, un penalti discutido a favor da Real que Kovacevic enviou ao pau, cambios forzosos nas filas herculinas ... un pouco de todo. Pero sobre todo, fútbol, goles e tres puntos para os de Riazor que non perden o ronsel do Real Madrid e xa están segundos na táboa.
Comezou dominando a Real Sociedade e así, ao quince minutos, Nihat adiantaba aos locais. Con todo, a partir do gol o Deportivo xogou máis e mellor, controlou o balón e dispuxo de ocasións que non converteu.
Tivo que ser Capdevila, a saque de falta de Mauro, o que igualou a contenda no 43. O goleador deportivista había entrado ao campo tan só un par de minutos antes en substitución de Andrade, con molestias. O disparo, desde a frontal, alcanzou o 106 km por hora. Xusto despois do gol, o colexiado sinalou un penalti inexistente que Kovacevic envía ao traveseiro. López Neto foi apupado na súa retirada ao vestiario.
No descanso entrou no campo Valerón, ovacionado pola afección e Luque, o terceiro cambio de Irureta, saltou ao campo por Makaay, que pediu o cambio. Na continuación o Deportivo saíu a por todas, envorcado ao ataque, sen deixar de presionar á Real. Os branquiazuis dispuxeron de ocasións que non chegaban a concretar e houbo unha ducia de disparos a porta. Pero o buscado gol non chegou ata o 80, cunha xogada persoal de Fran, que recibe un pase de Valerón e márchase cun cambio de ritmo. Despois xuta, o balón toca en Gurrutxaga e despista a Westerveld.
A Real dispuxo tamén das súas ocasións, sobre todo Nihat, pero o Deportivo resolveu sen demasiados apuros. Vitoria e puntos para o Deportivo ante un rival directo polo título e por un posto de Liga de Campións.