RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Deportivo reparte o próximo día 17 máis de 42 millóns de pesetas entre os clubs modestos

O Consello de Administración do Deportivo entregará o próximo luns 17 de decembro ás 21.00 horas na Praia Club as subvencións aos clubs afeccionados da Coruña que teñen asinado o convenio coa entidade deportivista. Son en met&a

Eses 94.665 euros (15.750.930 pesetas) desagréganse desta forma:

-28.390 euros (4.723.698 pesetas) por manter equipos en categorías nacionais e rexionais de xuvenís, cadetes e infantís; en virtude da cláusula duodécima do convenio.

-20.155 euros (3.353.509 pesetas) que se entregan aos clubs modestos por facer altas de abonados do Deportivo, ata un máximo de 901 euros. En caso de non facer ningunha alta de socio, cada club percibe un fixo de 601 euros; en virtude da cláusula primeira do convenio.
-14.850 euros (2.470.832 pesetas) en virtude da cláusula do convenio do fútbol modesto número décimo terceira, polo cal se abona a cada club un incentivo por cada equipo que sosteña en categoría xuvenil, cadete, infantil e alevín.

-31.270 euros (5.202.890 pesetas) polo número de xogadores fichados para as categorías inferiores do Deportivo; cláusula terceira do convenio.

Así pois, o que percibirá cada club é o seguinte: Montañeiros (17.020 euros); Ural (10.024 euros); Vitoria (9.141 euros); Conxo (7.901 euros); Orillamar (5.500 euros); Compañía de María (5.205 euros); Calasanz (4.121 euros); Imperator OAR ? Sacra Familia (3.830 euros); Escolas Luís Calvo Sanz (2.401 euros); Cidade Xardín (2.388 euros); Marabillas (2.358 euros); Olímpico de Rutis (2.208 euros); Oza Xuvenil (1.351 euros); Santa María del Mar (1.351 euros); Deportivo Cidade (1.201 euros); Orzán (1.201 euros); Atlético Os Castros (1.051 euros); Gaiteira (1.051 euros); Marola (1.051 euros); Peñarredonda (1.051 euros); Lóstrego de Elviña (1.051 euros); Sen Querer (1.051 euros); Sporting Cidade (1.051 euros); Sporting Coruñés (1.051 euros); Torre (1.051 euros); Vioño (1.051 euros); Sporting Meicende (1.051 euros); San Cristóbal dás Viñas (901 euros); Sporting María Pita (901 euros); Caixa de Aforros (751 euros); Liceo de Monelos (751 euros); Santa Margarita (751 euros); Silva (751 euros); Batallador (601 euros) e Marte (496 euros).

Ademais, o Real Club Deportivo convida a todos os xogadores dos clubs que teñen asinado o convenio coa entidade deportivista, en total 1.845 futbolistas desde benjamines, o que representaría aplicando o prezo do carné junior 26.400.466 pesetas (158.670 euros).
Se sumásemos ambos os conceptos, o Deportivo entregará ao fútbol modesto a cantidade total de 42.151.397 pesetas (253.335 euros), da que 94.665 euros (15.750.930 pesetas) son en efectivo e 158.670 euros (26.400.466 pesetas) como valoración do acceso gratuíto de todos os pequenos futbolistas coruñeses ao Estadio de Riazor durante toda a tempada, tanto en Liga, Copa do Rei, Trofeo Teresa Herrera e amigables.