O disparo a portaría, principal preocupación de Arsenio
Volveron os xogadores do Deportivo ao Estadio de Riazor para levar a cabo o habitual adestramento de cada xoves, aínda que onte houbese variacións con respecto a semanas anteriores xa que Arsenio non dispuxo do clásico partidillo.
Preparando o partido ante o Elxe
Ademais de traballo físico, os xogadores branquiazuis dispararon a portaría, ben a balón parado ben rematando algún centro desde a banda, ben encarando e regateando a un defensor contrario que se atopaba entre o marco e o atacante.
O balón foi o inseparable compañeiro dos futbolistas mentres realizaban cada exercicio... non se formou, de momento, o presunto equipo titular para o partido que o vindeiro domingo enfrontará aos deportivistas co Elxe, aínda que non é difícil deducir cales poden ser o once xogadores que saian inicialmente ao terreo de xogo aínda cando está previstos varios cambios...