RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O equipo viaxa a Bilbao este venres para visitar ao Athletic o sábado en San Mamés

O Deportivo viaxa a Bilbao este venres 13 de abril posto que o sábado, a partir das 20:45 horas, medirase ao Athletic Club en San Mamés (Bein LaLiga), en partido correspondente á 32ª xornada de LaLiga Santander.

O regreso á Coruña será o domingo 15 pola mañá. Nada máis aterrar no Aeroporto da Coruña, o Dépor trasladarase a Abegondo para unha nova sesión de adestramento.

O plan de viaxe é o seguinte:

Venres 13 de abril
20:00: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino Bilbao
21:10: Chegada ao Aeroporto de Bilbao e aloxamento no hotel NH Collection Villa de Bilbao

Sábado 14 de abril
20:45: Athletic Club - Deportivo en San Mamés

Domingo 15 de abril
11:00: Saída do voo do Aeroporto de Bilbao con destino ao Aeroporto da Coruña
12:00: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña
12:45 (hora aproximada): Adestramento en Abegondo