O Deportivo B sentenciou o partido co Grove en tan só cinco minutos. O filial branquiazul gañou por 3 a 1 co que os coruñeses continúan segundos, empatados a puntos co líder, o Celta B.
Cotrofe foi o encargado de marcar dous dos tantos deportivistas, mentres que o terceiro foi obra do grovense Lalo, en propia meta. Lalo tamén foi o autor de único tanto dos visitantes.
A próxima semana a Fabril visita ao Ponche, décimo na clasificación.