RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril empata na Estrada e xógase na última xornada o playoff de ascenso

O Fabril empatou (2-2) co CD Estradense en partido correspondente á 33ª xornada, penúltima de liga, en Tercera RFEF; e xogarase o playoff de ascenso a Segunda RFEF na última xornada, o domingo en Abegondo ante o Rápido de Bouzas.

Con este resultado, os fabrilistas son sétimos con 50 puntos igualados co sexto, o Racing Villalbés; e a 1 punto do CD Barco e do Rápido de Bouzas, ambos con 51 puntos e nos dous últimos postos de playoff.

No Municipal da Estrada, Víctor e Mario puxeron en vantaxe ao Fabril antes do descanso, aínda que o CD Estradense, que non se xogaba nada, logrou recortar distancias ao fío do final da primeira parte.

Tralo descanso o partido seguiu coa mesma tónica ata que Barba foi expulsado nunha acción que supuxo o penalti do empate local.

Con 10 xogadores, o Fabril viuse obrigado a defender ese punto que pode ser valioso a próxima semana.

Fabril: Brais Suárez, Currás, Dani Barcia, David Suárez, Juan Rodríguez, Mario, Barba, Víctor, Jairo, Mella e Davo. Tamén xogaron: Brais Val, Iano Simão, Runy y Fabio.

O vindeiro domingo 24 de abril ás 18:00, o Fabril recibe ao Rápido de Bouzas na última xornada, decisiva de cara ao playoff.

Os resultados do Fabril até a data son os seguintes:

Fabril 0 - Racing Villalbés 0
Noia CF 0 - Fabril 3 (Davo -2- e Yeremay)
Fabril 2 (Runy e Yeremay) - Viveiro CF 0
Polvorín FC 1 - Fabril 0
Fabril 1 (Davo) - CD Choco 0
Ourense CF 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Davo -2-) - SD Sofán 0
SD Juvenil de Ponteareas 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Runy e Fabio) - CD Barco 1
Alondras CF 1 - Fabril 0
Fabril 3 (Yeremay -2- e Runy) - UD Somozas 0
CSD Arzúa 2 - Fabril 1 (Runy)
Silva SD 1 - Fabril 2 (Davo e Dani Barcia)
Fabril 1 (Javi Sanmartín) - CD Estradense 2
Rápido de Bouzas 3 - Fabril 1 (Davo)
Racing Villalbés 1 - Fabril 0
Fabril 0 - CF Noia 0
Viveiro CF 1 - Fabril 0
Fabril 4 (Davo -3- e Nájera) - Polvorín FC 1
Fabril 2 (Runy e Davo) - Atlético Arnoia 0
Fabril 0 - Ourense CF 1
SD Sofán 0 - Fabril 3 (Mario, Víctor e Iano Simão)
Fabril 1 (Runy) - SD Juvenil de Ponteareas 1
CD Barco 1 - Fabril 1 (Javi Sanmartín)
Fabril 0 - Alondras CF 0
UD Somozas 3 - Fabril 1 (Víctor)
CD Choco 0 - Fabril 3 (Juan Cambón e Víctor -2-)
Fabril 2 (Yeremay e Jairo) - CSD Arzúa 0
Atlético Arnoia 0 - Fabril 3 (Mario e Davo -2-)
Fabril 6 (Nájera, Runy -3-, Iano Simão e Juan Cambón) - Silva SD 1
CD Estradense 2 - Fabril 2 (Victor e Mario)