RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril gana en Guijuelo e está a 2 puntos da cabeza

O Fabril superou esta tarde ao Guijuelo (0-1) cun tanto de Edu Expósito no minuto 54, suma 53 puntos e queda a tan só 2 puntos da cabeza da táboa do grupo 1º da Segunda División B, que ostentan empatados a 55 puntos o Fuenlabrada e o Rayo Majadahonda.

O partido en Guijuelo foi moi disputado, cun equipo salmantino situado na zona tranquila da clasificación, pero que pelexou até o asubío final.

O primeiro tempo transcorreu sen apenas ocasións nas dúas porterías. Após o penalti no minuto 54 que deu orixe ao gol de Edu Expósito en segundo remate, si foi superior o Fabril, que puido aumentar a súa renda con varias oportunidades, por exemplo unha vaselina de Queijeiro que despexou en última instancia o meta local.

Fabril: Francis, Blas, Gaizka, Raúl González, Lucas, Edu Expósito, Diego Caballo, Carlos López, Jardel, Martín Bengoa e Borja Galán. Tamén xogaron: Queijeiro, Óscar Pinchi e Uxío.

O vindeiro sábado 24 de febreiro, o Fabril recibe en Abegondo ao Pontevedra.

Os resultados até a data do Fabril son os seguintes:

Fuenlabrada 1 - Fabril 2 (Uxío e Óscar)
Fabril 0 - San Sebastián de los Reyes 1
Racing de Ferrol 1 - Fabril 1 (Romay)
Fabril 3 (Borja Galán, Uxío e Óscar) - Real Madrid Castilla 0
Rayo Majadahonda 0 - Fabril 1 (Andújar en propia meta)
Fabril 3 (Diego Caballo, Uxío e Romay) - Coruxo 1
Ponferradina 0 - Fabril 1 (Edu Expósito)
Fabril 1 (Borja Galán) - Valladolid B 0
Fabril 3 (Lucas, Óscar e Queijeiro) - Talavera 0
Navalcarnero 1 - Fabril 2 (Ismael e Jardel)
Fabril 0 - Guijuelo 0
Pontevedra 2 - Fabril 2 (Jardel e Óscar)
Fabril 0 - Gimnástica Segoviana 0
Unión Adarve 3 - Fabril 0
Fabril 3 (Uxío e Ismael -2-) - Atlético de Madrid B 0
Celta B 0 - Fabril 0
Fabril 0 - Rápido de Bouzas 0
Cerceda 2 - Fabril 3 (Ismael Díaz -2- e Óscar)
Fabril 2 (Ismael Díaz e Óscar) - Toledo 0
Fabril 1 (Uxío) - Fuenlabrada 2
San Sebastián de los Reyes 0 - Fabril 0
Fabril 1 (Romay) - Racing de Ferrol 1
Real Madrid Castilla 2 - Fabril 0
Fabril 1 (Edu Expósito) - Rayo Majadahonda 0
Coruxo 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Diego Caballo e Luis Fernández) - Ponferradina 0
Valladolid B 2 - Fabril 1 (Luis Fernández)
Talavera 2 - Fabril 0
Fabril 1 (Borja Galán) - Navalcarnero 0
Guijuelo 0 - Fabril 1 (Edu Expósito)