O Fabril recibe mañá domingo ao As Pontes, a partir das 12.00 no campo principal da cidade deportiva.
Os socios deportivistas teñen libre acceso ao partido. Para o público, a entrada sénior costa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.
Como é habitual en Abegondo, Cristóbal Parralo, técnico fabrilista, citou a todo o seu persoal. Son baixa Jardel e Marcos Legaz, lesionados; e Arnau e Borja Galán, sancionados.
O triplo derbi do Xuvenil A (retransmitido en directo por Gol TV), Xuvenil B e Cadete A con o Celta, os tres partidos hoxe sábado en Abegondo, foron os encontros máis destacados do fin de semana na canteira deportivista.
O balance foi de dúas derrotas e un empate, co que se afasta provisionalmente o liderado das tres categorías.
Finalmente, en alevíns, o Deportivo A sentenciou ante o Imperátor (0-13) o pase á segunda eliminatoria do Campionato Galego. Falta o partido de volta desta primeira rolda, que será un trámite.
O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:
Terceira División
FABRIL - AS PONTES, o domingo 11 de decembro ás 12.00 en Abegondo (campo 1)
Categoría feminina
Primeira División Autonómica: UMIA - DEPORTIVO FEMININO B, o domingo 11 de decembro ás 17.00 no campo da Bouza (Barrantes)
Categoría xuvenil
División de Honra: XUVENIL A 0 - CELTA 3
Liga Nacional: XUVENIL B 0 - CELTA B 0
Categoría cadete
División de Honra: CADETE A 0 - CELTA A 1
Liga Galega, grupo 1º: XUVENTUDE DE OROSO 4 - CADETE B 1 (Pol)
Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º: SAN TIRSO 2 - INFANTIL A 4 (Jairo (2), Padín e Jorge)
Primeira Autonómica, grupo 1º: INFANTIL B 6 (Álvaro, García, Kike, Trigo, Roque e Álex) - URAL B 0
Categoría alevín
Primeira eliminatoria do Campionato Galego, ida: IMPERÁTOR A 0 - ALEVÍN A 13 (Baña, Yago (3), Mella (2), Zerfu (2), Carlos (2), Noah (2) e Javi)
Segunda Comarcal A Coruña: ALEVÍN B 5 (Óscar 3, Lucas e Adrián) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS C 1
Categoría benjamín
Primeira Comarcal A Coruña: LUÍS CALVO SANZ A 0 - BENXAMÍN A 4 (Pablo Fernández, Eli, Alex e David)
Segunda Comarcal A Coruña: ONCE CABALLEROS B 0 - BENXAMÍN B 2 (Diego e Iago)