RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Infantil inicia en Carballo a Segunda Fase de Ascenso á División de Honra no seu grupo norte

O Infantil, campión do subgrupo B norte da Liga Galega, inicia este sábado 2 de abril ás 18:00 nas Eiroas (Carballo) ante o Bergantiños CF a Segunda Fase de Ascenso á División de Honra e Título Galego, no seu grupo norte.

Ademais do Bergantiños CF, quinto no subgrupo A norte, os demais rivais do conxunto branquiazul nesta fase serán os outros catro primeiros clasificados do citado subgrupo A: CD Conxo Santiago, Cidade de Ribeira CF, Bertamiráns FC e Victoria FC.

O formato será de liga a dobre volta. O primeiro de cada subgrupo da primeira fase, neste caso o Infantil e o CD Conxo Santiago, arranca esta segunda parte da competición con cinco puntos; os segundos con tres; os terceiros con dous; os cuartos clasificados cun; e os quintos con cero puntos. Ao concluír esta segunda fase, os oito primeiros ascenderán á recentemente creada División de Honra para a temporada 2022-23. A maiores, os dous primeiros xogarán as semifinais contra os dous primeiros do grupo sur, a partido único en casa do mellor clasificado. A final para decidir o campión da Liga Galega será nunha sede que ditaminará a Federación.

O calendario do Infantil é o seguinte:

Xornada 1 (02/04/2022) Xornada 6 (07/05/2022)
Bergantiños CF Infantil
Xornada 2 (09/04/2022) Xornada 7 (14/05/2022)
Infantil Victoria FC
Xornada 3 (16/04/2022) Xornada 8 (21/05/2022)
Bertamiráns FC Infantil
Xornada 4 (23/04/2022) Xornada 9 (28/05/2022)
Infantil Cidade de Ribeira CF
Xornada 5 (30/04/2022) Xornada 10 (04/06/2022)
CD Conxo Santiago Infantil