RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ORZÁN SD

O Orzán SD Cadete Femenino supera ao Lóstrego CF en cuartos de final da Liga Galega

O Orzán SD Cadete Femenino goleou na Torre (5-0) ao Lóstrego CF nos cuartos de final da Liga Galega e xa está en semifinais.

As orzanistas presentáronse ao choque como campioas do grupo 1º mentres que o conxunto pontevedrés acabou en 4ª posición do grupo 2º.

Alexia Freire, Daniela Macedo -2- e dous futbolistas rivais en propia meta foron as goleadoras.

Orzán SD Cadete Femenino: Antía Veiga, Valentina Millón, Alexia Freire, Lola Freire, Sila Santiso, Naiara Fontenla, Daniela Macedo, Marta Moreno, Sofía Milhem, Carmen Traba e Candela González. Tamén xogaron: Martina Vázquez, Lucía Gómez, Sarai Martínez e Valeria Montero.

O Orzán SD Cadete Femenino mídese ao CD Valladares en semifinais o sábado 8 de xuño ás 16:00 na Torre (campo 2).

/* Bot imbee */