RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Cadete Feminino reina en Galicia

O Orzán SD Cadete Feminino é o rei do fútbol feminino cadete en Galicia.

As orzanistas, que xa gañaran (1-5) ao UD Mos no partido de ida da gran final polo título, volveron vencer (4-0) na volta disputada na Coruña.

Candela González, Ánxela Prado, Laura Santos e unha futbolista rival en propia meta foron as goleadoras orzanistas neste encontro definitivo.

Orzán SD Cadete Feminino: Yaiza García, Paula Martínez, Candela González, Nadia Longueira, Daniela Basalo, Mica Baratelli, Sara Cercido, Emma Gandoy, Maca González, Ánxela Prado e Laura Santos. Tamén xogaron: Lucía González, Valeria Montero, Sofía Paz, Candela Fernández e Paula Bermúdez.

Antes desta eliminatoria final, o Orzán SD Cadete Feminino acabara a Fase polo Título na 1ª posición con 19 puntos por 18 puntos do UD Mos.

Ao Orzán SD Cadete Feminino, dirixido por Enrique M. Solla, pertencen futbolistas que xogaron toda a temporada en categorías superiores, por exemplo as internacionais Elena Vázquez e Lucía Rivas.

Os resultados dos partidos da final galega foron os seguintes:

Ida

UD Mos 1 - Orzán SD Cadete Feminino 5 (Macarena González -2-, Nadia Longueira -2- e Emma Gandoy)

Volta

Orzán SD Cadete Feminino 4 (Candela González, Ánxela Prado, Laura Santos e unha futbolista rival en propia meta) - UD Mos 0