RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Orzán SD Infantil Feminino xa coñece o formato da Liga Galega

O Orzán SD Infantil Feminino xa coñece o formato da Liga Galega que comezará o próximo 9 de outubro.

As rivais iniciais das orzanistas son: UC Cee, Victoria FC, SDC Pastoriza, AD Cristo Rey, Santa Cruz, SCD Milagrosa, Arzúa FCF e CF Noia.

Nesta primeira parte da competición, o formato é de liga a dobre volta que concluirá o 2 de abril de 2023.

Os catro primeiros clasificados pasarán á Fase polo Título cos outros catro primeiros do grupo B. Esta segunda parte da temporada xogarase unha liga a unha volta para decidir o campión.

Pola súa banda, os clasificados do 5º ao 9º na primeira fase pasarán a unha Fase de Consolación cos do grupo B.

En marcha desde o pasado 17 de agosto

O Orzán SD Infantil Feminino arrancou a pretemporada o mércores 17 de agosto na Cidade Deportiva Arsenio Iglesias (A Torre) con estas xogadoras:

Porteira
Aldara Crespo (Procedente do Silva SD)

Defensas
Rocío Bejerano
Antía Casal
Sofía de la Viuda
Noela García
Valentina Millón
Noa Moras
Loreto Gómez

Centrocampistas
Ariana Barros (Procedente do Silva SD)
Naiara Fontenla (Procedente do Relámpago SD)
Martina Vázquez
Jimena Allegue (Procedente do CCRD Perlío)

Dianteiras
Uxía Fariña
Marta Moreno
Sofía Rodríguez
Laura Cano
Nathanry Ogando
Eva Ouro
Saray Brenda

Corpo técnico
Adestrador: Diego Sánchez
Segunda adestradora: Laura Mosquera