RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Xuvenil Feminino gaña en Carral e xa está en semifinais da Copa da Coruña

O Orzán SD Xuvenil Feminino gañou ao UD Carral (0-3) en partido correspondente aos cuartos de final da I edición da Copa da Coruña, que se xoga a partido único. Por conseguinte, as orzanistas xa están en semifinais.

Iria Otero, Laura Santos e Noe Gómez foron as goleadoras do equipo que dirixe César Conde no Municipal Borja Rodríguez Ans de Carral.

Orzán SD Xuvenil Feminino: Yaiza García, Uxía López, Daniela Agilda, Sara Cercido, Iria Otero, Laura Santos, Yanis Citoula, Ivana Fernández, Noelia Furelos, Antía Brage e Mica Baratelli. Tamén xogaron: Uxía Rabuñal, Macarena González, Noe Gómez, Carlota Rubio e Paula Sánchez.

Os resultados do Orzán SD Xuvenil Feminino nesta I edición da Copa da Coruña son os seguintes:

Oitavos de final
Brexo Lema SD 0 - Orzán SD Xuvenil Feminino 5 (Sara Cercido -2-, Uxía López, Macarena González e Ivana Fernández)

Cuartos de final
UD Carral 0 - Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Iria Otero, Laura Santos e Noe Gómez)