
DÉPOR ABANCA · 23 MAIO 2025
LUCÍA MARTÍNEZ RENOVA ATÉ XUÑO DE 2026 POLO DÉPOR ABANCA
Lucía Martínez González (Madrid, 27 de novembro de 2001) renovou o seu compromiso co Deportivo ABANCA por unha temporada, até xuño de 2026.Formada nas categorías inferiores do Rayo Vallecano e do CD Fundación Albacete, chegou ao conxunto branquiazul no mes de xaneiro de 2024 despois de xogar temporada e media na Liga F defendendo as cores do Alhama CF (campaña 2022-23) e do Granada CF (primeira metade do curso 2023-24).

Co Dépor ABANCA, o balance de Lucía Martínez, é de 7 partidos oficiais en Primera Federación Iberdrola a campaña pasada e 26 en Liga F no curso recentemente finalizado.Así pois, a pesar da súa mocidade, Lucía Martínez acumula na máxima categoría do fútbol español un total de 67 partidos.


O San Tirso SD Cadete non logrou puntuar na liga ante o RC Ce...

Segundo partido e segundo triunfo da canteirá deportivista An...

Balón parado e finalizacións, tarefas principais de Os Nosos ...

Parte médico de Espe Pizarro

Xornada de portas abertas o vindeiro 29 de outubro na nova se...

Vitoria este mércores 21 do Benxamín A en Santa María del Mar...