RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O programa de Voluntariado do Dépor arrinca coa limpeza da praia do Orzán

A Fundación RC Deportivo activa para esta fin de semana a súa actividade inaugural co primeiro grupo de voluntarias e voluntarios que se uniron á Fundación e ao Club a través desta forma de colaboración coa sociedade.

A actividade iniciática do programa de voluntariado posto en marcha neste ano 2022 consistirá nunha xornada de limpeza de residuos moi preto de #anosacasa, na praia do Orzán. Xa a temporada pasada, baixo o lema #WeDépor, voluntarios, empregados, xogadores do equipo Genuine e da Nosa Canteira puideron gozar dunha mañá inesquecible contribuíndo ao coidado do medio ambiente coa limpeza de residuos na praia de Caión (A Laracha) grazas á alianza entre a Fundación RC Deportivo e We Sustainability, proxecto co que se seguen desenvolvendo actividades de rexeneración ambiental.

O sábado 26 de febreiro, de 09:00 a 10:30 h. levarase a cabo a actividade na praia do Orzán cunha parte dos máis de 60 voluntarios e voluntarias que xa se adheriron ao programa da Fundación RC Deportivo. Posteriormente, futbolistas do Dépor Genuine participarán, desde as 11:00 h. e até as 14:00 h. no taller de deseño da camiseta que producirá a Fundación xunto a Vazva para a súa posterior venda solidaria.

Se queres participar en todas as actividades e no programa de voluntariado da Fundación RC Deportivo aquí tes toda a información.