RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O vestiario agradece o apoio "espectacular" de #ANOSAFORZA e apela a "estar máis unidos que nunca"

Ian Mackay e Diego Villares pasáronse pola sala de prensa de ABANCA-RIAZOR concluído o encontro ante o Real Racing Club.

O capitán branquiazul admite que "non nos atopamos cómodos en ningún momento e ao final conseguíronse levar o partido".

Confesa que o vestiario está "fodido, é unha realidade. Temos que estar unidos máis que nunca e xa pensando no seguinte partido dentro de catro días, repornos canto antes e conseguir a vitoria para poder seguir no máis alto".

Cualificou de "espectacular" o comportamento de hoxe de #ANOSAFORZA: "É espectacular. Temos que dicir sempre todo bo porque é así. Estiveron animando até o final do partido. Sei que van estar amolados e só pedirlles que sigan confiando en nós, que tentaremos darlle a volta canto antes xa o domingo e que volvan irse contentos para casa. Son o valor deste equipo e deste Club".

Pola súa banda, Diego Villares, parella de mediocentro esta noite con Juergen Elitim, apunta que "non estivemos acertados en tres cuartos. Faltounos ese pase aí para atopar máis balóns de cara en última liña".

O futbolista branquiazul cre que "non nos merecemos perder aínda que nos faltou eses achegamentos para xerar ocasións e poder empatar, sobre todo na segunda parte".

Do mesmo xeito que Ian Mackay, recoñeceu que "estamos bastante fodidos sobre todo hoxe. Pero é o momento de estar todos xuntos".

Finalmente, Villares quérelle dar as grazas a #ANOSAFORZA polo seu incansable alento desde a bancada de #ABANCA-RIAZOR: "É unha marabilla día tras día. Dicirlles só que desde dentro imos seguir todos xuntos, unidos e imos dalo todo para seguir aí na cima".