RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

O Xuvenil A, que mañá sábado ten o seu primeiro test estival, xa coñece o calendario ligueiro

A Federación Española de Fútbol fixo público o calendario ligueiro pertencente ao grupo 1º da División de Honra xuvenil.

O Xuvenil A, que mañá sábado 28 de xullo terá o seu primeiro test estival ante o Laracha CF en Abegondo (11:00 horas, campo 6), comezará o campionato de liga en Abegondo fronte ao Atlético Perines, a fin de semana do 2 de setembro.

O primeiro encontro a domicilio será na 2ª xornada, na que os pupilos de Javier Álvarez visitarán ao Real Oviedo, do mesmo xeito que sucedeu a temporada pasada. Este partido celebrarase unha semana despois, o 9 de setembro.

O derbi ante o Celta chegará na 9ª xornada. O 28 de novembro, o Xuvenil A medirase ao equipo vigués en Abegondo. O encontro de volta na Madroa terá lugar na 24ª xornada, o 17 de febreiro de 2019.

O conxunto deportivista, vixente subcampión, pechará o campionato en casa, o 7 de abril. O rival será o Pontevedra CF.

O calendario é o seguinte:

Xornada 1 (02/09/2018) Xornada 16 (09/12/2018)
Xuvenil A C. Atlético Perines
Xornada 2 (09/09/2018) Xornada 17 (16/12/2018)
Real Oviedo A Xuvenil A
Xornada 3 (16/09/2018) Xornada 18 (23/12/2018)
Xuvenil A Ural CF
Xornada 4 (23/09/2018) Xornada 19 (13/01/2019)
CD Colindres A Xuvenil A
Xornada 5 (30/09/2018) Xornada 20 (20/01/2019)
Xuvenil A ED Val Miñor Nigrán
Xornada 6 (07/10/2018) Xornada 21 (27/01/2019)
CD Lugo Xuvenil A
Xornada 7 (14/10/2018) Xornada 22 (03/02/2019)
Xuvenil A Sporting de Gijón A
Xornada 8 (21/10/2018) Xornada 23 (10/02/2019)
CD Covadonga A Xuvenil A
Xornada 9 (28/10/2018) Xornada 24 (17/02/2019)
Xuvenil A RC Celta A
Xornada 10 (04/11/2018) Xornada 25 (03/03/2019)
TSK Roces A Xuvenil A
Xornada 11 (11/11/2018) Xornada 26 (10/03/2019)
Alondras CF Xuvenil A
Xornada 12 (18/11/2018) Xornada 27 (17/03/2019)
Xuvenil A Club Bansander
Xornada 13 (25/11/2018) Xornada 28 (24/03/2019)
Racing Club Ferrol Xuvenil A
Xornada 14 (02/12/2018) Xornada 29 (31/03/2019)
Xuvenil A Racing Club de Santander
Xornada 15 (06/12/2018) Xornada 30 (07/04/2019)
Pontevedra Cf Xuvenil A