RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Xuvenil B compite mañá en Vigo no arranque dunha fin de semana de pretemporada para #ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B compite mañá venres 19 de agosto na MS2 Cup de Vigo no inicio dunha nova fin de semana de pretemporada en #ANOSACANTEIRA.

Pabellón Ourense CF, Rápido de Bouzas e UD Santa Mariña serán os rivais dos branquiazuis na Primeira Fase.

Foi precisamente o Xuvenil B o encargado de abrir o martes o calendario de amigables desta semana.

O conxunto que prepara Miguel Figueira visitou ao Bergantiños CF na súa terceira cita do verán tralas vitorias anteriores ante o CD Calasanz (6-2) e SD Valdoviño, de Primeira Autonómica (0-2).

Os branquiazuis foron superiores (1-4) grazas aos goles de Mesfin -2-, Adrián e Rubén. E iso que o 'Bergan' púxose pronto por diante no marcador.

Durante a fin de semana competirán tamén o Fabril (sábado nas Pontes), Xuvenil A (domingo en Narón), Cadete (MS2 Cup en Vigo o sábado), Infantil (sábado en Abegondo) e SD San Tirso Infantil (sábado no Monte).

Finalmente, Fabril e Deportivo ABANCA B tiveron compromiso amigable onte mércores 17 de agosto.

O do filial masculino foi no campo da Ribela de Sarria, no Memorial Carlos Alberto Díaz. O torneo desenvolveuse baixo o formato 3x1, con dous partidos de 45 minutos ante a SD Sarriana, de Preferente Autonómica, e o Polvorín FC, de Segunda RFEF.

Os fabrilistas venceron á Sarriana (0-3) pero caeron (0-1) ante o Polvorín FC.

Óscar Gilsanz contou coas baixas por lesión de Martín Ochoa, Mella e Hugo Ríos pero o técnico fabrilista si puido dispoñer de Dani Barcia, Yeremay e Jairo, liberados por Borja Jiménez no primeiro equipo para dispoñer de minutos de xogo no filial.

Pola súa banda, o Deportivo ABANCA B superou (2-0) ao Viajes InterRías FF dunha categoría superior, Segunda Federación, no campo 5 de Abegondo. Decidiu o choque un dobrete de Laura Otero, pichichi do equipo no que vai de verán posto que ante o Umia CF (0-1) tamén decantou o choque co seu gol.

O calendario de partidos xa confirmados, sempre susceptible de sufrir variación, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira RFEF
Memorial Carlos Alberto Díaz na Ribela (Sarria)
3x1
SD SARRIANA 0 - FABRIL 3 (Iván, Yeremay e Nájera)
FABRIL 0 - POLVORÍN FC 1

CD AS PONTES - FABRIL, o sábado 20 de agosto ás 18:30 no Poboado (As Pontes)

Categoría feminina
DEPORTIVO ABANCA B 2 (Laura Otero -2-) - VIAJES INTERRÍAS FF 0

Categoría xuvenil
Sinde's Cup, Memorial José Antonio López Doce 'Tonecho' no campo de Sinde (Narón)
Domingo 21 de agosto
Semifinal
10:30: RACING DE FERROL - XUVENIL A
Ás 17:30 será a final de consolación entre o perdedor e o derrotado da outra semifinal que disputan CD Lugo e RC Celta; e ás 19:00 a gran final entre os gañadores das semifinais

BERGANTIÑOS CF 1 - XUVENIL B 4 (Mesfin -2-, Adrián e Rubén)

Torneo MS2 Cup, en Vigo
Venres 19 de agosto
Primeira Fase
10:20: XUVENIL B - PABELLÓN OURENSE CF, no campo José Costas
12:00: XUVENIL B - RÁPIDO DE BOUZAS, no campo José Costas
12:50: XUVENIL B - UD SANTA MARIÑA, no campo José Costas
Segundo clasificación, os equipos pasarán logo á Fase Final

Categoría cadete
Torneo MS2 Cup, en Vigo
Domingo 21 de agosto
Primeira Fase
12:00: CADETE - CD NARÓN, na Madroa
13:40: CADETE - CORUXO FC, na Madroa
Segundo clasificación, os equipos pasarán logo á Fase Final

Categoría infantil
INFANTIL - BERTAMIRÁNS FC, o sábado 20 de agosto ás 10:00 en Abegondo (campo 7)

SAN TIRSO SD - IMPERATOR OAR A, o sábado 20 de agosto ás 10:00 no Monte