RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Xuvenil B gana en Lugo e acariña o título da liga Nacional

O Xuvenil B impúxose esta tarde ao Lugo (0-2) e necesita unicamente unha vitoria ante o Lalín dentro de quince días no Mundo do Fútbol para proclamarse campión da liga Nacional.

En categoría cadete, o Deportivo A gañou (1-0) ao Colexio Fogar en Abegondo e afianza a súa segunda posición da División de Honra, aínda que distanciado xa do líder, o Celta A.
Mañá domingo, o Xuvenil A visita ás 12.00 ao Porriño Industrial e no Mundo do Fútbol, á mesma hora, o Cadete B, xa campión da liga Galega, recibe ao conxunto do Milagrosa.