RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Oportunidade perdida

O Deportivo perdeu en Numancia unha ocasión de ouro para aumentar en tres puntos a vantaxe sobre os seus inmediatos perseguidores. Nun partido no que os locais saíron ao ataque, o Deportivo foise facendo aos poucos co control do balón aínda que os de Goic

Será un resultado que dará que falar. No último minuto do encontro un córner a favor do Deportivo pon a todo o equipo branquiazul, incluído Songo'ou, na área de Urroz para tentar o remate. O gardameta deportivista pica de cabeza o balón e marca o tanto da igualada. Pérez Lasa anula o gol por unha presunta falta do gardameta coruñés sobre o debutante Urroz, falta aparentemente inexistente ao ser o xogador numantino derrubado por un compañeiro do seu equipo.

Como dixo tras o encontro o adestrador local, "o Deportivo demostrou que está aí por algo, que é o líder con razón, pero gañou o equipo que logrou o único gol válido, e iso é o que conta." "O Deportivo sacou toda a súa artillaría, co Turu e Pauleta, pero nós defendemos ben" e "conseguimos o gol cunha xogada a balón parado, de estratexia."

Para o técnico branquiazul, esta "era unha oportunidade de saír máis fortalecido, aumentado as distancias cos inmediatos perseguidores, pero non é fácil gañar fóra de casa, e máis a estas alturas nas que todos os equipos xóganse algo...". Con respecto á anulación do tanto de Songo'ou, o técnico coruñés dixo que esta "é a eterna loita cos árbitros."

Saltou ao terreo de xogo dos Pajaritos o mesmo once branquiazul que ante o Madrid, fronte a un Numancia no que gardameta, Urroz, non xogara nunca nin en Primeira nin Segunda División. Peró superou a proba mantendo a portaría a cero ata o último minuto.

Tras unha serie de ataques dos locais, o Deportivo fíxose co balón, aínda que os numantinos aproveitaban os balóns recuperados para o contraataque. No primeiro período ambos os conxuntos tiveron as súas ocasións, o Numancia a balón parado e o Deportivo con disparos de Jaime, Víctor, Makaay ou Djalma. Con todo o resultado no descanso era de empate a ceros.

Comezaba a segunda metade cun Deportivo botado arriba para o ataque, pero no minuto 8 Pacheta converte en gol o balón que lle chega á área ao saque dunha falta perigosa a 20 metros da frontal. A xogada ensaiada termina co xogador numantino golpeando de cabeza o balón que se introduce nas mallas da meta de Songo'ou.

A partir do gol o Deportivo aumenta a presión sobre a área local, coa entrada no campo de Turu, por Jaime, e de Pauleta e Flavio por Víctor e Fran. Pero os dianteiros deportivistas non acertaban coa meta rival. O saque de falta de Djalma sae rozando o traveseiro numantino e os disparos de Pauleta eran cortados por Urroz. A pesar da presión dos coruñeses, os de Goico contraatacaban con perigo nos balóns que recuperaban. Os minutos pasaban e o Deportivo non conseguía remontar. Ao final, un córner no último minuto propicia o tanto da igualada que o árbitro anula por falta de Songo'ou. Un gol do gardameta coruñés que podía facer historia e daría ao Deportivo un valioso punto.

Ao final, o Deportivo cae en Soria, onde ningún equipo logrou a vitoria na Primeira División, pero os coruñese continúan líderes, con 43 puntos, seguidos do Zaragoza, con 40, e por Barça, Celta e Arabés, con 38.

O Real Madrid ten 36 puntos, polo que se gaña o martes o seu partido aprazado co Valladolid superaría ao Barça, Celta e Arabés.