RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Os cuartos de final frearon a #ANOSACANTEIRA en Boiro e Torrelavega

Boiro, Ribadumia e Torrelavega foron esta fin de semana os escenarios dos torneos amigables para os alevíns e benjamines de #ANOSACANTEIRA.

Os cuartos de final frearon ao Fabril FC Alevín, Benxamín A e Fabril FC Benxamín.

O Alevín A acaba décimo cuarto en Ribadumia

O Alevín A acabou décimo cuarto da XXV edición da Arousa Fútbol 7 que se disputou este ano no complexo deportivo da Senra en Ribadumia.

Hoxe domingo, o conxunto branquiazul xogou a Fase de Consolación ante SL Benfica e acabou o torneo en décimo cuarta posición.

Os resultados do Alevín A foron os seguintes:

Primeira Fase
Venres 27 de maio
PABELLÓN OURENSE CF 1 - ALEVÍN A 0
ALEVÍN A 0 - FC BARCELONA 3

Sábado 28 de maio
ALEVÍN A 1 (José Quiroga) - MANCHESTER CITY FC 1
VALENCIA CF 1 - ALEVÍN A 2 (Nico e Antón)

Domingo 29 de maio
Fase de Consolación
ALEVÍN A 0 - SL BENFICA 1

Os dous equipos branquiazuis caen en cuartos de final do Torneo benéfico Jealsa Concello de Boiro

Dous equipos, Fabril FC Alevín e Benxamín A, representaron ao Club no Trofeo Internacional Jealsa Concello de Boiro que se xogou no campo de Barraña.

O torneo tivo carácter benéfico en favor da Fundación Aladina.

Ambos os equipos caeron en cuartos de final, eliminados na quenda de penaltis despois de chegar ao final dos seus partidos con igualada.

Os resultados do equipo fabrilista foron os seguintes:

Primeira Fase
Sábado 28 de maio
FABRIL FC ALEVÍN 6 (Iker Obeso -2-, Adrián -2-, Nico Torres e Mario González) - CD UNIÓN 0
FABRIL FC ALEVÍN 8 (iker Obeso -3-, Sergio Infante -2-, Leo Sánchez, Javi Barral e Thiago Montes) - EFM BOIRO C 1

Domingo 29 de maio
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Iker Obeso) - CD MOSCONIA 2
Oitavos de final
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Iker Obeso e Nico Torres) - VITÓRIA SPORT CLUBE 1
Cuartos de final
FABRIL FC ALEVÍN 0 - AD ALCOBENDAS 0. A penaltis: 0-1

Pola súa banda, os resultados do Benxamín A (na foto) foron os seguintes:

Primeira Fase
Sábado 28 de maio
BENXAMÍN A 6 (Nacho Villanueva -2-, David Gómez -2-, Andrés e Hugo Pousa) - PUEBLA FC 0
BENXAMÍN A 2 (Nacho Villanueva e Jorge Fernández) - ED XUVENTUDE DE OROSO 0
BENXAMÍN A 10 (Álvaro Gómez -4-, Yago -2-, Hugo Pousa, David Gómez, Martín López e Hugo Luaces) - CCD TARAGOÑA 0

Domingo 29 de maio
BENXAMÍN A 3 - GONDOMAR CF 1
Oitavos de final
BENXAMÍN A 2 (Nacho Villanueva -2-) - SL BENFICA 0
Cuartos de final
BENXAMÍN A 0 - CD LEGANÉS 0. A penaltis: 4-5

O Atlético de Madrid elimina ao Fabril FC Benxamín en cuartos de final en Torrelavega

O Fabril FC Benxamín participou desde o venres no Torneo San Bernabé, na localidade cántabra de Torrelavega.

O conxunto fabrilista caeu en cuartos de final ante un dos poderosos, o Atlético de Madrid despois dunha gran primeira fase e de superar ao UD Sur en oitavos de final.

Os resultados do Fabril FC Benxamín foron estes:

Primeira Fase
Venres 27 de maio
FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Mateo Carballeira -2-, Thiago López e Javi Meiriño) - SD SOLARES 1

Sábado 28 de maio
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Miguel Candal -2-) - SANTUTXU FC 0
FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Thiago López -2- e Miguel Candal) - BETIS CF VALLADOLID 1

Domingo 29 de maio
Oitavos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Miguel Candal) - UD SUR 0
Cuartos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - ATLÉTICO DE MADRID 2