RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Os Nosos adéstranse de novo mañá luns en Abegondo

Finalizado o encontro desta tarde en ABANCA-RIAZOR, o Dépor adestrarase de novo mañá luns 5 ás 10:30 en Abegondo, con almorzo para o cadro a partir das 09:00 na propia instalación branquiazul.

O partido de volta desta semifinal do play off de ascenso será o vindeiro domingo 11 de xuño ás 18:00 en Castalia, posto que o conxunto castellonenco quedara mellor clasificado en liga: 3º (62 puntos) no grupo 2º de Primeira Federación por 4º (con 67 puntos) os deportivistas no grupo 1º.

Por este mesmo motivo, os bRanquinegros terán ademais outra vantaxe: en caso de empate na eliminatoria (victoria pola mínima) despois da prórroga en Castellón, pasarán á final xa que non hai lanzamentos desde o punto de penalti.