RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Os socios do Dépor contarán con importantes vantaxes no Centro Comercial Os Rosales

Desde mañana sábado, os más de 25.000 socios do Real Club Deportivo da Coruña podrán beneficiarse de importantes descontos, agasallos directos, promocións… ao realizar as súas compras en calquera dos 32 establecem

O acordo porase en marcha oficialmente mañá sábado 23 de febreiro coincidindo coa disputa do partido entre o R.C. Deportivo e o Real Madrid, mediante a entrega aos socios dun flyer desplegable con información detallada das condicións preferentes ofertadas por cada establecemento.

Deste xeito, prestixiosas firmas como Yelmo Cinemas, Darty, McDonald's, Pans&Company, Caramelo, Women'Secret Opticalia, Décimas, Game Stop, Fotoprix, Tendas Bed's, Bichiños Megapark, Luxurissime, Belros, Vodafone, Orange, Os meus Personaxes, Seguros Pelayo, etc., ofrecerán múltiples e importantes vantaxes a todos os socios do Dépor que realicen as súas compras exclusivamente nos establecementos que as citadas firmas dispoñen en Centro Comercial Os Rosales. Estas vantaxes van desde agasallos directos, ata importantes descontos de ata o 50%, pasando por prezos especiais en menús de hostalaría ou a entrega de cheques regalo para próximas compras. É necesario destacar que unha gran parte das vantaxes asociadas teñen un carácter temporal totalmente indefinido, sendo válidas na súa maioría durante todos os días da semana.

Para gozar das vantaxes asociadas á campaña, os abonados do Deportivo simplemente deberán presentar o seu carné de socio así como unha acreditación persoal á hora de realizar as súas compras en calquera dos establecementos adheridos dos Rosales. Dado o carácter indefinido da campaña, dentro da páxina web de Centro Comercial Os Rosales (www.cclosrosales.com) ou no seu Facebook (www.facebook.com/cclosrosales), os socios interesados poderán consultar permanentemente todas as vantaxes asociadas á mesma.

Concurso “Deporloto”, en Facebook


A través deste concurso, que se desenvolverá entre o 25 de febreiro e o 10 de marzo, os usuarios poden gañar fantásticos premios, como camisetas asinadas por xogadores, packs de entradas para o derbi contra o Celta, bufandas e balóns oficiais do Deportivo.

O concurso está dirixido a todos os usuarios maiores de idade, que accedendo ao perfil Facebook de Centro Comercial Os Rosales, desexen participar e probar sorte, sen ningún requisito engadido. No mesmo momento e unha vez realizada a sinxela mecánica de participación, o usuario saberá se obtivo premio directo. En caso contrario, pasadas 24 horas, poderá de novo volver participar no mesmo e optar aos grandes agasallos que o concurso “Deporloto” reparte dentro das datas de campaña comentadas.