RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Primeira sesión da semana en Abegondo para Os Nosos, con Jose Ángel no grupo, en vésperas de viaxar a Inglaterra

O Dépor, hoxe tamén co fabrilista Damián Canedo, completou esta tarde no campo 2 de Abegondo a primeira sesión dunha semana especial, posto que este martes 29 de xullo, a pretemporada branquiazul trasládase a Inglaterra.

Nunha calorosa tarde, Antonio Hidalgo dispuxo após unha activación, un xogo de posición con 3 equipos e un partido.

A boa noticia protagonizouna Jose Ángel, que completou toda a sesión co grupo por primeira vez nesta pretemporada.

Estiveron hoxe con traballo personalizado Ximo Navarro, Bouldini e Kevin Sánchez.

Este martes 29 de xullo, Os Nosos adestraranse de novo na Cidade Deportiva a partir das 10:30. 

Ao concluír, os convocados por Antonio Hidalgo viaxarán a Londres para medirse ao Watford este mércores 30 de xullo (20:45 hora galega) e ao Middlesbrough este sábado 2 de agosto (16:00 hora galega). 

Ambos os encontros serán retransmitidos en directo pola canle oficial do RC Deportivo en YouTube.