Despois dunha xeira de 7 triunfos consecutivos (entre liga e Copa) que se cortou ante o CD Castellón, Antonio Hidalgo puxo en valor na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR "o que estabamos a facer, que non era nada sinxelo. Sabiamos que en calquera momento podía chegar. Nunca queres que sexa en casa, con #ANOSAFORZA. Hai que levantarse. Hoxe estaremos fo... pero desde xa pensar no seguinte".
Admitiu que "houbo algunhas situacións de vantaxe que as puidemos xogar mellor, algún control que non estivemos todo o fino que necesitásemos pero non é sinxelo cando o rival che emparella".
Viu unha "primeira parte bastante igualada na que nos levamos ese gol de vantaxe. Na segunda tivemos algunha transición pero custounos".
O técnico deportivista subliña que "o importante da xeira é sumar todo o que poidas. Sumamos 15 puntos de 15. Chégache esta derrota. Non é sinxelo. Non estivemos ben despois do gol, non fomos capaces de estruturar un ataque sólido para poder facerlles dano. Son situacións que temos que mellorar, analizalas pero pondo en valor o que fixera até agora o equipo".
