RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Loureiro apunta que "non estivemos cómodos en ningún momento" e Villares fala de "derrota merecida"

Miguel Loureiro e Diego Villares pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O defensor deportivista confesa que "estamos amolados. Queriamos seguir con esta boa dinámica. O equipo estaba a facer un traballo espectacular. Tentámolo pero o CD CastellóN púxonos as cousas complicadas. Quizais non estivemos cómodos en ningún momento".

Apunta que a partir de empate "o partido vólvese máis tolo e a xogada a balón parado (o segundo tanto visitante) é un mazazo do que nos custa moito levantarnos".

Loureiro conclúe que "foron superiores. Hai que analizar os erros que cometemos sobre todo nos goles; e seguir traballando coa cabeza fría e con calma para a semana que vén, con outro partido aquí en ABANCA-RIAZOR", en referencia ao choque ante a Real Sociedad B o domingo 14 de decembro ás 14:00 (LaLiga TV Hypermotion).

Pola súa banda, Diego Villares cre que a derrota foi "merecida. Foron superiores, sobre todo na segunda parte".

O mediocentro deportivista afirma que "nos custou interpretar o partido, metémonoS demasiado abaixo. Tamén o seu xogo lévache a iso".

Sostén que a derrota "en calquera momento tiña que chegar. Oxalá que todas as xeiras sexan así".