RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
GL

Os xogadores en Zona Mixta, doídos tras o partido

Fariña, Luisinho e Laure pasáronse pola Zona Mixta de Riazor ao término do partido. Todos se mostraron doídos polo resultado antes de analizar outros aspectos do partido.

Fariña asegurou que "nos imos moi doídos porque no primeiro tempo tivemos moitas ocasións para pechar o partido", antes de mandar unha mensaxe á afección: "o público sempre vén animarnos e con moitas ganas de que gañemos, é normal que se marche molesto, pero este grupo ten que ser forte e de aquí en diante sacar puntos como sexa". A nivel persoal admitiu que os seus últimos minutos no campo non puido estar a lume de biqueira: "estou ben do xeonllo pero os problemas si que me causan falta de adestramento, por iso ao final estaba moi canso e mellor que outro compañeiro poida render máis.

Para Luisinho: "o equipo está triste, tivemos moitas oportunidades para facer gol e sufrimos un final que non esperabamos. Non fixemos os goles que tiñamos que facer e en Primeira o que non marca adoita perder"

Finalmente Laure falou das sensacións do vestiario: "doídos, pero temos que ser fortes porque o equipo deu unha boa versión, pero a fortuna non estivo do noso lado. Na primeira parte tivemos ocasións e controlado o partido, na segunda estaba máis aberto e houbo posibilidades para os dous equipos." Á xente quixo "agradecerlles o apoio e que saiban que imos dalo todo e que mañá nos imos a pór as pilas para seguir mellorando. Todos somos conscientes que imos sufrir, aínda que creo que temos menos puntos dos que nos merecemos".