RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Os xornalistas da Voz comentan en twitter a súa relación cos administradores concursais

@MarcoAsande ata agora se negoció sen reunións. Además, cando van pásanllo todo á Voz!!! As fichaxes, as contas... Todo!!! — Xurxo Fernández (@xurxoff) August 6, 2013 De todos é sabido a fluída e 'estreita' relac

Ata tal punto chega esta boa veciñanza que os propios profesionais da Voz comentan en twitter (de broma ou en serio?) este asunto: "Ata agora negociouse sen reunións. Ademais, cando van pásanllo todo á Voz!!! As fichaxes, as contas... Todo!!!", escribe na súa conta de tweet Xurxo Fernández, xornalista do Grupo Voz que segue habitualmente a información do Deportivo.

Son interesadas as continuas filtracións do proceso? Ata que punto prexudican ao Real Club Deportivo da Coruña nun momento fundamental da súa historia?

Precisamente un dos administradores chegou a manifestar na Universidade de Santiago de Compostela que ao chegar ao Club, "había mil euros en caixa". Era o sitio idóneo para dar explicacións sobre un cliente, neste caso o Real Club Deportivo S.A.D.?