Óscar Cano trasladou a hoxe mércores o tradicional partido 11 contra 11 dos xoves que "aquí no Dépor tes que gañar"
Debido a que nesta ocasión o Dépor xoga o sábado 14 de xaneiro ás 17:00 (TVG-2 e InSports.tv) no Estadio de Santo Domingo ante o AD Alcorcón en lugar do domingo, na planificación de adestramentos o día de máis carga táctica nesta semana pasou a ser hoxe mércores en lugar de mañá xoves.
Así pois, o tradicional partido entre semana, 11 contra 11, disputouse esta mañá no campo 2 de Abegondo, coa participación dos fabrilistas Dani Barcia e Brais Val e o xuvenil Diego Gómez.
O pasado sábado, antes de recibir ao Unionistas de Salamanca CF en ABANCA-RIAZOR, Óscar Cano medio chanceaba ante os medios de comunicación coa esixencia que existe no Club: "Aquí, no Dépor, tes que gañar todos os partidos, incluso os dos xoves. Os dous equipos que fago son do Dépor e os dous teñen que gañar. Mira a esixencia que hai".
Unha tarefa defensiva despois dun quecemento con rondos completaron a mañá sobre o céspede.
Teñen adestramento personalizado Raúl Carnero e Antoñito; mentres que Rubén Díez, afectado dunha gastroenterite, non puido traballar.
Mañá xoves, os futbolistas están citados ás 9:00 en Abegondo para saltar ao céspede a partir das 10:30 horas.