Walter Pandiani, o xogador uruguaio fichado polo Deportivo da Coruña, xa está en España. O xogador chegou hai apenas unha hora á cidade herculina e será presentado aos medios de comunicación esta mesma tarde, ao sete e media, na sede do Club sita na Praza
Pandiani, que anunciara a súa chegada hai uns días, pospuxo a viaxe ata esta mesma semana para pechar todos os detalles. O xogador, con pasaporte comunitario, e o Peñaron de Montevideo chegaron a un acordo co Club branquiazul para o traspaso do dianteiro ao equipo coruñés.
O acordo é por cinco anos e medio, isto é, o que queda de aquí a final de tempada e cinco anos máis.