- Foto: Susi García -
Luís Fariña foi sometido hoxe luns a unha resonancia magnética para ditaminar o alcance exacto das molestias musculares que lle obrigaron a solicitar o cambio no descanso do partido ante o Xetafe.
Á vista das probas, os Servizos Médicos do Club diagnosticáronlle unha lesión grao 2 na rexión proximal do musculo semitendinoso dereito.
Estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. A continuación, o atacante arxentino iniciará unha fase de readaptación deportiva previa ao seu regreso aos adestramentos co grupo.