RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Partido once contra once, tarefa principal do Dépor hoxe en ABANCA-RIAZOR

Os máis veteranos de #ANOSAFORZA lembran por exemplo que o Dépor de Arsenio Iglesias, todos os xoves realizaba un partido once contra once a todo o campo no Estadio. Alí preparábase o seguinte choque ligueiro e "exhibíanse" os fabrilistas e mesmo algún que outro xuvenil que comezaba a despuntar na canteira.

Pasan as temporadas e Borja Jiménez mantén a mesma costume. Sempre que o partido sexa o domingo, como neste caso ante o Pontevedra CF este que vén ás 19:00 horas (TVG-2 e InSports.tv), o técnico deportivista dispón o xoves un ensaio a campo completo en ABANCA-RIAZOR co plan na mente de xogadores e técnicos. No caso de que o partido sexa o sábado, esta sesión táctica trasládase aos mércores.

Esta mañá, o técnico abulense, como é habitual, parou continuamente o xogo, realizou constantes correccións e intercambiou varias veces sitúes e futbolistas.

Nesta asollada e calorosa mañá de setembro adestrouse todo o cadro aínda que Borja Granero está con adestramento invididualizado supervisado polo readaptador Álex Canosa. Dani Barcia foi o representante de #ANOSACANTEIRA.

Mañá venres 16 de setembro o equipo regresa a Abegondo a partir das 10:30 nunha mañá que será de menor carga.