RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSAHISTORIA

Pilar Cobas Cortiñas doa ao Club unha colección de fotografías dos anos 50 do Deportivo e do Teresa Herrera

- Bazán (c) bate a Caldentey en presenza de Arsenio (i) e Tino (d) para abrir o marcador do Dépor-Murcia (2-0) de Primeira División disputado en Riazor o 15 de xaneiro de 1956 -

Unha colección de fotografías de fútbol dos anos 50, entre as que se atopan algunhas do RC Deportivo e do Trofeo Teresa Herrera, pasaron a mans do Club grazas á doazón por parte de Pilar Cobas Cortiñas.

Pilar herdou a colección dun parente político que naquela época exerceu como árbitro, Marcelino Vázquez Pazos, e púxoa en mans do RC Deportivo a través do seu sobriño Eugenio, xornalista deportivo en La Opinión de A Coruña.

Na colección atópanse unha trintena de fotografías de partidos alleos ao RC Deportivo e do Trofeo Teresa Herrera, que o RC Deportivo tratará de facer chegar aos clubs implicados.

O RC Deportivo ten abertas as portas a calquera afeccionado, a calquera descendente de xogadores, técnicos ou empregados, que desexe achegar o seu gran de area á reconstrución e conservación de #ANOSAHISTORIA.

Para poñerse en contacto co Departamento de Comunicación do RC Deportivo, encargado de xestionar o material histórico, o teléfono das oficinas é o 981259500. A dirección das mesmas é Praza de Pontevedra, 19, 1º e atópanse abertas de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.