RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Plácido arranque da liga Galega para o Infantil A

O Infantil A tivo un plácido arranque ligueiro ante o Calasanz (0-9), en partido correspondente á 1ª xornada de liga no grupo norte da Liga Galega adiantado á fin de semana.

Mella -4-, Domínguez -3- e Carlos -2- foron os autores dos goles nun partido de clara cor branquiazul.

Infantil A: Marcos, Diego, Rubén, Gabri, Dani, Sierra, Marcote, Yago, Noah, Mella e Domínguez. Tamén xogaron: Carreira, Martiño e Carlos.

O próximo rival ligueiro será o Atlético Ribeira, que visita Abegondo o sábado 15 de setembro en horario por determinar.

Antes, o Infantil A que prepara Juan Villamisar disputa a partir deste venres 7 o Torneo Internacional de Fútbol Arnedo Ciudad del Calzado, na citada localidade rioxana.

O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase co Espanyol, Levante e Real Sociedad.